Dous fragmentos dos diarios de Jonas Mekas

Xullo de 1946, campo de desprazados de Wiesbaden

Escoito esta palabra todos os días, a toda hora.

A palabra é TRABALLO.

E vexo un robot.

Un robot de aceiro en movemento.

Ah, o tempo é diñeiro!

Canto custa o teu corazón? Mércoo

TRABALLO!

Vexo a millóns de escravos cavando canles, construíndo encoros, instalando tuneis, construíndo camiños, sudando nas fábricas, e todo o globo comeza a axitarse e a moverse como unha enorme perforadora de petróleo.

Aí constrúen os torpedos, os tanques, as bombas atómicas, as agullas para clavar debaixo das uñas, os escalpelos para arrincar as uñas, todo o que se precise.

TRABALLO, TRABALLO, TRABALLO!

Os corazóns non tremen, tampouco as mans.

Enfríome e busco un corazón tibio, ollos…

Pero as máquinas combinaron todos os ollos e os corazóns e as mans nuha única gran masa fundida.

AS MASAS.

 

Deixen de traballar! Paren!

Ai os ríos secos, os campos pelados, as augas embelenadas!

Pó de ferro, caen bombas sobre unha cidade que grita de terror.

Deixen os martelos, as tuberías de gas, a dinamita

pechen todas as fábricas do horror,

saian a camiñar polos campos.

Deixen que todo se detenga.

Deixen que o pasto o cubra todo.

Deixen que cheguen as serpes e os tigres, e que se multipliquen.

Estamos celebrando a morte do robot.

 

Sin data, 1947, Kassel

Queren que sexa máis racional. O máis racional é a máquina. Vaian ás máquinas. Todas as súas partes separadas funcionan xuntas. Pero eu vivo sen propósito, irracionalmente.

Construamos as nosas casas coas nosas mans. E cultivemos o trigo, e fagamos o pan.

Entón saberemos que é a terra.

Agora abrimos o grifo e sae auga. Non teño idea de onde ven ou como.

Electricidade…

Compramos o pan: non sabemos quen o fai, como, onde.

O mesmo pasa coas nosas vidas.

Vivimos pero non sabemos como, onde, por que.

E non ten sabor.