PASAX3S

2018 / 07:24 / Mobil Full HD

VERSIÓN EXTENDIDA DO AUDIO: https://marcomaril.bandcamp.com/album/pasax3s-mirasons

“A palabra túnel ten a súa orixe no francés antigo tonelle (dela deriva o noso “tonel”), e servía para referirse a unha rede en forma de embude que se empregaba para capturar paxaros. Ás veces, no interior dun túnel aínda nos podemos sentir como tales, como aves enredadas con dificultades para alzar o vo. PASAX3S é unha obra sobre o tránsito, sobre a necesidade e os riscos de desprazarse emocional, física e mentalmente máis alá dun mesmo e sobre a incertidumbre do proceso.

Propoñemos unha experiencia sonora e visual de configuración variable capaz de poñernos na situación de quen ten transitado na escuridade do incerto para chegar a un lugar que ao mellor non é o esperado. Porque sempre agardamos que no camiño entre estados acabemos por experimentar do outro lado ben a liberdade ben a fraternidade, pero esquecemos a posibilidade da alienación e da máxima estrañeza como finais altamente probables.

PASAX3S é unha reflexión sobre a idea do tránsito e das expectativas que se xeneran no proceso. Unha obra circunscrita a un túnel creado expresamente para o seu desenvolvemento. Unha experiencia sensorial na que as expectativas deben deixarse necesariamente en suspenso”.

 

[Texto aparecido na web do festival Resis 2018 (resisfestival.com/) para o cal foi realizado este vídeo]