Mekas

2018 / 6:11 / Mobil Full HD

Decembro, 1951

Intenteino. Fixen todo o que puiden

para ser como os demais.

Tratei de ter os pés sobre a terra

na pila de area da Sexta Avenida.

Pisar a terra do Central Park.

Afundir as miñas mans no profundo,

cos meus pés descalzos.

Pero sigo sendo un estranxeiro.

Hai unha distancia que me separa

de cada edificio, de cada rúa,

de cada rostro.

Así que me repliego en fantasías,

recordos, soños.

Si, ata os sons que escribo

teñen un significado distinto para min.

Non evocan recordos.

Os camións que limpan a rúa,

ou os autos.

Os movementos, as voces, as formas.

Percíboos pero non os entendo.

Non teñen eco

nas células profundas do meu corpo,

non.

Camiño por esta cidade

día e noite

sen entendela realmente.

Nada disto ten sentido,

só ocorre,

só existe igual que eu,

pero é coma se fósemos

dous estraños.

 

(Ningún lugar adonde ir, Jonas Mekas, entrada do seu diario de decembro de 1951. Versión en galego a partir do orixinal en inglés e da versión en español de Leonel Livchits para Ed. CAJA NEGRA)