We are Tamagotchi en Vigo

Cando falamos do futuro so hai unha cousa que estea máis de moda que os robots: os relatos catastrofistas sobre ese futuro robotizado. Non hai relato que non conclúa cun escenario calamitoso. Que nos van a quitar o traballo, que nos van a substituír, que nos van a escravizar ou que nos van eliminar…

Que pode aportar a filosofía para a comprensión deses escenarios? Son realmente posibles? De onde xorden? Cara onde nos conducen? Como pode acabar todo isto? Estamos xogando cunha nova praga? Por que o facemos?
 

A partir de ferramentas analíticas e a través da análise dos fenómenos culturais que soportan eses relatos -tecnoloxía, ciencia ficción, medios de comunicación, marketing, etc-, Albano Cruz e Luis Montero desmontan a lóxica subxacente -que non pode ser senón punk- e analizan o fenómeno Robot desde os seus fundamentos ontolóxicos ata as súas consecuencias morais nun evento participativo.
 

Tres sesións abertas de reflexión participativa para a destrución analítica desas narrativas e os feitos sobre os que se constrúen. Tres exercicios de derruba da idea de futuro e a súa reapropiación pragmática.