Nadal

2018 / 11:11 / Mobil Full HD

Feliz Nadal

A linguaxe é tramposa, desexar un feliz Nadal leva implícita a posibilidade dun Nadal que non é feliz.

Hai trampa nese feliz Nadal do ilumina moito, compra moito, quere moito, a esa hora, nese momento. Non se debe notar a declaración oficial de ilusión, esixe naturalidade.

Pero que pasa co Nadal a secas? Existe?

Unha estrada maiormente baleira, un reclamo luminoso no que non reparará ninguén.

Unha bandeira branca ondeando no medio do derrube.

Ese Nadal non é feliz.

Ese Nadal nace de dentro a fóra e non ao revés, é o autoengano convertido a resistencia.

Un glitch é un erro que afecta negativamente á estabilidade ou rendemento dun sistema, o feliz Nadal é un glitch.

O Nadal a secas é un glitch dentro do glitch. Aquí a anomalía é o brote de ilusión nacido da desilusión provocada pola ilusión imposta.

Unha anomalía que define o ser humano na súa necesidade de crer malia todo.